Friday, March 7, 2014

" A EDUCACIÓN: DEREITO OU MERCADORÍA?" 10 de marzo

O próximo luns, día 10 de marzo, presentarase en Lugo (salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado) o libro "A educación: dereito ou mercadoría?", que vén de editar Laiovento.

Nesta obra colectiva, membros do colectivo galego de renovación pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA reflexionan sobre o trasfondo dos modelos educativos e sobre a organización do ensino, nun contexto lexislativo desfavorable aos principios pedagóxicos que, teoricamente, ata o momento perseguía o noso sistema educativo: comprensividade, democracia, equidade, crítica e transformación.

A coordinadora do libro, Mariló Candedo (presidenta de Nova Escola Galega) introducirá o acto poñendo de manifesto a pertinencia na actualidade da pregunta do título, no marco da recente aprobación da LOMCE. Participarán na mesa outros autores do libro, que resaltarán os cambios máis significativos que vai introducir a contra-reforma educativa do goberno de Rajoy.