Tuesday, October 30, 2018

OS COMUNAIS - 8 de novembro



O MUNDO RURAL GALEGO 
A DEBATE
Xoves, 8  de Novembro ás 17h
Sala de Xuntas da EPS

 MESA REDONDA
OS COMUNAIS:
UN RECURSO MULTIFUNCIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL 

Intervirán:
Joam Evans Pim, Comuneiro, MVMC de Froxan, Lousame 
Rubén Blanco , Técnico do MVMC de Coruxo, Vigo

 
Organiza: Grupo de Innovación Docente Ruralia

Área de  Economía ,  Socioloxía e  Política Agraria

Área de  Historia Contemporánea
Área de  Ecoloxía  

Friday, October 26, 2018

XORNADA DE AGROECOLOXÍA - 27 outubro



Máis de 20 persoas participan este sábado 27 de outubro na xornada de agroecoloxía ‘Unha montaña de oportunidades’, un foro organizado pola USC en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Folgoso do Courel que se desenvolverá nas instalacións da Estación Científica do Courel e a través do que se procura favorecer o debate e a reflexión desde a perspectiva da agroecoloxía no deseño de agroecosistemas con criterios ecolóxicos.
 
O programa desta xornada, que se prolongará en quenda de mañá e tarde, comezará ás 9.30 horas cun breve acto inaugural no que intervirán o director da Estación Científica do Courel, o catedrático Antonio Rigueiro; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Argelio Fernández, e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro.
 
Unha vez rematada a sesión inaugural, o profesor da USC e vicepresidente da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (Seae), Xan Neira Seijo, abrirá a quenda de relatorios cunha intervención na que afondará sobre as oportunidades que depara a agroecoloxía. De seguido, o consultor agroecolóxico Franco Llobera tratará cuestións referidas ao deseño de políticas sociais acaídas para o impulso de procesos de desenvolvemento comunitario, así como outros aspectos ligados aos desenvolvemento agroecolóxico, economía circular e sistemas agroalimentarios.
 
Os indicadores da calidade dos solos para avaliar a súa fertilidade, e a biomímese como ciencia imitadora da vida son os temas sobre os que disertarán Claudia Hidalgo e Jorge Etchevers, do Colexio Posgraduados de México. Xa en quenda de tarde, Llobera afondará sobre a intelixencia territorial e colectiva, os planos de desenvolvemento rural e o deseño de políticas públicas.
 
O director da Estación Científica do Courel e catedrático da USC, Antonio Rigueiro, ofrecerá neste foro unha charla baixo o título ‘Sistemas silvopastorais: unha práctica agroecolóxica’. De seguido, a tamén catedrática da USC e coordinadora do proxecto europeo Afinet, Rosa Mosquera, pechará a quenda de intervencións cun relatorio sobres sistemas agroforestais e cambio climático.