‘Aprendendo cos nosos maiores’ é o lema adoptado pola Xornadas Interxeracionais Rurais para a
súa décima edición, que comeza este sábado 24, e que se desenvolverá noutras dúas sesións os días
31 de maio e 7 de xuño no concello de Xermade.
Fronte a anteriores edicións, as xornadas mostrarán a visión dos veciños e veciñas respecto
destes encontros e o que representan para eles e elas, profundando ademais no valor das xornadas
como punto de encontro entre veciñanza, profesionais, xuventude e maiores e o intercambio de
experiencias, cultura e reflexións.
Máis información aquí