O Encontro: Rural Imaxinado. Do presente a un futuro porvir
celebrarase o 13 de novembro en Lalín e ten aberta a convocatoria de
presentacións. Estas deberán responder a algunhas das cuestións como
son: Como se reconceptualizan as comunidades na actualidade? A
innovación é cousa so de empresas? ou que imaxinarios se dan hoxe no
medio rural? Como se vive o territorio?; asi como aspirase a coñecer
tamén que outras experiencias alternativas de mercados existen..
Este espazo de debate e interacción pretende ser un lugar de encontro
entre a universidade, activismos e experiencias innovadoras e busca
coñecer que novos relatos se están dando no medio rural.
Os mesas temáticas nas que se deben insertar as presentacións serán en torno aos 4 eixos:
• Comunidade
• Outras economías
• Subxectividades
• Resiliencia/innovación
Para o envío de propostas de presentación, estas deben facerse ao
correo rede.revolta@usc.es. Valorase moi positivamente o envío de
propostas innovadoras, asi como os formatos das presentacións poden ser
ben a través de presentacións orais, vídeos, dinámicas,...
Máis información en: