martes 5 de abril - salón de actos da Fac. de Humanidades
16:00h - proxección
III CICLO DE CINEMA RURAL EN LINGUA PROPIA
« QUEIMAR O MONTE »
Un documental sobre as
causas dos incendios en Galicia.
dir. Emilio Fonseca
Walkie Talkie Films, 2012
[55 min.]
17:30h- mesa de debate
VIII XORNADAS: O MUNDO RURAL A DEBATE
« INCENDIOS FORESTAIS »
PONENTES
-José
Vázquez Vázquez –
-Axente medioambiental B.I.I.F.
-Miguel Pardellas Santiago – Coordinación Proxecto Batefogo
-Manuel A. Rodríguez Guitián – Profesor Dpto. Produción Vexetal USC
-Miguel Pardellas Santiago – Coordinación Proxecto Batefogo
-Manuel A. Rodríguez Guitián – Profesor Dpto. Produción Vexetal USC
Organiza colectivo de innovación docente RURALIA
Colaboran: Revolta-rede de agroecoloxía
e CLM (USC-Lugo)
- 7th ECOZINE FILM FESTIVAL - ZARAGOZA
- FESTIVAL DE CINE DE OURENSE - 2013
- CICLO DOCUMENTAL “A NOSA TERRA, A NOSA CULTURA” - ADEGA LUGO - 2013
- TERRACTIVA, FEIRA ECOLÓXICA DE ARZÚA - 2013
Documental completo: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/queimar-o-monte
O documental “Queimar o Monte” de Walkie Talkie Films estreouse en outubro de 2013 na TVG.
Rodado na primavera e no verán de 2012, analiza as causas do principal problema medioambiental de Galicia, os incendios forestais. Cada ano uns 10.000 incendios prodúcense neste territorio. Nos últimos trinta anos queimouse unha superficie equivalente á terceira parte de Galicia.
A información que os medios difunden sobre o lume nos montes galegos adoita limitarse a dar uns poucos nomes e cifras de lugares queimados. A análise da casuística dos lumes é moi cativa. A esta investigación ten adicado moitos meses Emilio Fonseca, de Walkie Talkie Films. A revisión dos dados oficiais e unha investigación etnográfica permitiu construír este documental, que ten sido mercado pola TVG e que supón unha achega ao lume a través de entrevistas a persoas do ámbito académico, da agricultura, da gandería, da investigación en corpos oficiais do Estado e da Comunidade, axentes forestais, de protección do medio ambiente e veciños e veciñas do medio rural.
Polo documental desfila unha escolma de personaxes que amosan as súas situacións particulares, reais e imaxinarias, e os seus problemas, causas e posibles solucións. Coma a paisaxe natural de Galicia o pobo galego móstrase caótico e sentimental, contraditorio e catastrófico e con ese inconfundible e duro senso do humor.
Walkie Talkie Films http://www.walkietalkiefilms.com/?page=feature&id=queimar