Os vindeiros sábado 7 e
domingo 8 de maio vai realizarse no CPI de Cervantes, nas montañas dos
Ancares lucenses, un novo ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL, evento
dirixido a toda persoa interesada pola educación e o medio rural galego
(docentes, ANPAS, asociacións, concellos rurais, estudantes, etc), e
que desde o 2006 vén organizando o movemento galego de renovación
pedagóxica Nova Escola Galega.
Nesta edición, a novena, o tema sobre o que xirará boa parte da actividade será “a educación soñada na montaña”.
información, programa da actividade e ficha de inscrición aquí
A
actividade do Encontro realizarase en horario intensivo o sábado 7
(todo o día) e o domingo 8 (só de mañá) de maio de 2016, e ao longo de
todas esas horas de convivencia desenvolveranse diferentes propostas
formativas (relatorios, táboas redondas, paneis de experiencias e boas
prácticas educativo-rurais, etc.) co seu correspondente espazo de debate
e reflexión pedagóxica, pero tamén haberá tempo para analizar a
importancia das relacións sociais nun contexto de despoboamento, poñer
de manifesto as potencialidades económicas das zonas de montaña a partir
da experiencia de proxectos reais en funcionamento, debater sobre a
necesidade de que o profesorado que traballa no medio rural conte cunha
formación inicial e continua especializadas nese eido, así como gozar da
cultura rural galega a través dalgunhas das súas variadas
manifestacións: música e baile da terra, poesía de Manuel María e Uxío
Novoneyra, literatura oral, xogos tradicionais, artesanía local e
patrimonio arqueolóxico castrexo, romano e medieval.
O grupo de educación no rural
de NEG e a ANPA do CPI de Cervantes convocan pois a profesionais e
estudantes dos eidos da educación ou o desenvolvemento rural, familias e
calquera persoa preocupada polo futuro do medio rural, a participar
nestas dúas xornadas de análise, reflexión e convivencia no espectacular
marco das paisaxes de primavera dos Ancares lucenses.
ATENCIÓN: MATRÍCULA ATA O 3 DE MAIO; PRAZAS LIMITADAS.
Máis información, programa da actividade e ficha de inscrición en