Monday, December 24, 2018

FEIRA INTERNACIONAL DA ECONOMÍA E CULTURA RURAL E ALTERNATIVA

Conscientes da necesidade dun cambio de modelo de desenvolvemento, que poida reverter a situación do territorio rural, a Feira Internacional da Economía e Cultura Rural e Alternativa FICRURAL 2018 nace co obxectivo de ser un foro de intercambio e divulgación de experiencias e casos de éxito para impulsar este novo modelo.

A FICRURAL, tal e como aconteceu sempre nas feiras ao longo da historia, é un punto de encontro para favorecer a colaboración e o intercambio, o diálogo e a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do rural, compartindo experiencias con actores públicos e privados, nacionais e internacionais, para crear unha rede colaborativa entre axentes e proxectos de emprendemento rural para a dinamización do rural de Compostela e Comarca e dos concellos da provincia da A Coruña

Eventos en decembro 2018
Máis información aquí


Tuesday, October 30, 2018

OS COMUNAIS - 8 de novembro



O MUNDO RURAL GALEGO 
A DEBATE
Xoves, 8  de Novembro ás 17h
Sala de Xuntas da EPS

 MESA REDONDA
OS COMUNAIS:
UN RECURSO MULTIFUNCIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL 

Intervirán:
Joam Evans Pim, Comuneiro, MVMC de Froxan, Lousame 
Rubén Blanco , Técnico do MVMC de Coruxo, Vigo

 
Organiza: Grupo de Innovación Docente Ruralia

Área de  Economía ,  Socioloxía e  Política Agraria

Área de  Historia Contemporánea
Área de  Ecoloxía  

Friday, October 26, 2018

XORNADA DE AGROECOLOXÍA - 27 outubro



Máis de 20 persoas participan este sábado 27 de outubro na xornada de agroecoloxía ‘Unha montaña de oportunidades’, un foro organizado pola USC en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Folgoso do Courel que se desenvolverá nas instalacións da Estación Científica do Courel e a través do que se procura favorecer o debate e a reflexión desde a perspectiva da agroecoloxía no deseño de agroecosistemas con criterios ecolóxicos.
 
O programa desta xornada, que se prolongará en quenda de mañá e tarde, comezará ás 9.30 horas cun breve acto inaugural no que intervirán o director da Estación Científica do Courel, o catedrático Antonio Rigueiro; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Argelio Fernández, e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro.
 
Unha vez rematada a sesión inaugural, o profesor da USC e vicepresidente da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (Seae), Xan Neira Seijo, abrirá a quenda de relatorios cunha intervención na que afondará sobre as oportunidades que depara a agroecoloxía. De seguido, o consultor agroecolóxico Franco Llobera tratará cuestións referidas ao deseño de políticas sociais acaídas para o impulso de procesos de desenvolvemento comunitario, así como outros aspectos ligados aos desenvolvemento agroecolóxico, economía circular e sistemas agroalimentarios.
 
Os indicadores da calidade dos solos para avaliar a súa fertilidade, e a biomímese como ciencia imitadora da vida son os temas sobre os que disertarán Claudia Hidalgo e Jorge Etchevers, do Colexio Posgraduados de México. Xa en quenda de tarde, Llobera afondará sobre a intelixencia territorial e colectiva, os planos de desenvolvemento rural e o deseño de políticas públicas.
 
O director da Estación Científica do Courel e catedrático da USC, Antonio Rigueiro, ofrecerá neste foro unha charla baixo o título ‘Sistemas silvopastorais: unha práctica agroecolóxica’. De seguido, a tamén catedrática da USC e coordinadora do proxecto europeo Afinet, Rosa Mosquera, pechará a quenda de intervencións cun relatorio sobres sistemas agroforestais e cambio climático.

Sunday, August 19, 2018

5º FESTIVAL AGROCUIR DA ULLOA







FACEBOOK_Programa_Agrocuir18 

Para máis información 

O Colectivo Agrocuir da Ulloa, colectivo organizador deste festival, ten como principal obxectivo visibilizar un rural afectivo e sexualmente diverso. Ademáis, aposta por mostrar, defender e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial, e o ecoloxismo; defendendo a diversidade, tanto social como natural.
Feira, música ao vivo, obradoiros, mesa redonda, contacontos, cinema… darán cor a esta cuarta edición do Festival Agrocuir da Ulloa.
O noso colectivo non ten ánimo de lucro. Tódo-los ingresos obtidos da venda de entradas e merchandising serán destinados a cubrir os gastos do evento.
Respectemos o que cada unha queira ser –tanto en relación ás demais persoas como á natureza–, abramos o abanico de cores e compartamos un encontro tan máxico como sempre!