Para máis información
O Colectivo Agrocuir da Ulloa, colectivo organizador deste festival,
ten como principal obxectivo visibilizar un rural afectivo e sexualmente
diverso. Ademáis, aposta por mostrar, defender e dar valor a outros
principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e
inmaterial, e o ecoloxismo; defendendo a diversidade, tanto social como
natural.
Feira, música ao vivo, obradoiros, mesa redonda, contacontos, cinema…
darán cor a esta cuarta edición do Festival Agrocuir da Ulloa.
O noso colectivo non ten ánimo de lucro. Tódo-los ingresos obtidos da
venda de entradas e merchandising serán destinados a cubrir os gastos
do evento.
Respectemos o que cada unha queira ser –tanto en relación ás demais
persoas como á natureza–, abramos o abanico de cores e compartamos un
encontro tan máxico como sempre!