Tuesday, November 17, 2020

PREMIO ARESA 2020

 

                                                                      Fot. de Santi Albite - web USC

O Premio Aresa, un galardón impulsado pola USC e Aresa para fomentar o desenvolvemento rural, favorecer e mellorar o benestar das persoas que viven no mundo rural valorará na súa vixésima primeira edición aquelas iniciativas desenvolvidas no campo galego durante a pandemia como alternativas de vida ou para axudar a outros, así como outras accións impulsadas por colectivos especialmente afectos pola COVID-19.

O prazo de presentación de candidaturas a esta nova convocatoria do Premio Aresa permanecerá aberta ata as 14.00 horas do 31 de decembro de 2020 nos rexistros, tanto físico como electrónico, de que dispón a USC nos seus campus de Lugo e de Santiago de Compostela. Todas as candidaturas, cuxa memoria de presentación non poderá exceder de 25 páxinas, deberán constar da documentación necesaria para que o xurado poida facer a súa valoración da proposta, tal e como se recolle nas bases da convocatoria, que están accesibles na web www.premioaresa.com.

TERRA CREATIVE JAM - O FUTURO SOSTIBLE - 25 e 26 nov.

 

 
O Terra Creative Jam é un evento creativo de xeración de ideas. Durante dous días estudantes e titulados/as do Campus de Lugo participarán en diferentes talleres e resolverán desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos e achegarán solucións para un “futuro sostible”.

O evento terá lugar o 25 e 26 de novembro na Facultade de Administración de Empresas do Campus de Lugo, tocará varias temáticas: economía verde, produción eficiente e sostible; educación inclusiva e de igualdade; emprendemento dixital e uso das TIC´S no rural;  industrias creativas e sector audiovisual; alimentación e vida saudable e a búsqueda do benestar animal e mellora do medio ambiente. As ideas, productos e servizos que se desenvolvan deberán estar ligados a temática do evento.

Os participantes (sós ou en equipo) poderán disfrutar dunha primeira xornada de ideación, con xogos de creación de ideas e proxectos sostibles, formación con workshops específicos e prototipaxe con maquinas 3D, gamificación, realidade virtual e podcast. A segunda xornada consistirá nun Hackaton onde por equipos traballarán no seu prototipo para crear a súa solución sostible e expoñela o xurado.

O equipo gañador terá unha praza para desenvolver a súa idea no Programa Explorer e no programa de incubación Atlantic Youth Creative Hubs (AYCH) onde poderá facer unha residencia e prácticas internacionais. Ademais cada un dos membros do equipo gañador, recibirá unha cámara GoPro como regalo.

Este evento está promovido polo Campus Terra a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE)  en colaboración coa  Área de Orientación Laboral e Emprego no Campus de Lugo e a incubadora Lug Open Factory  no marco de colaboración co proyecto AYCH  Interreg Atlantic Area.

A asistencia a esta actividade é gratuíta. Facilitaráselles aos asistentes aloxamento e mantenza durante os dous días que dura a Terra Creative Jam

Aberto prazo de inscrición ata o 24.11.20. Prazas limitadas. Reserva a túa praza e inscríbete no seguinte enlace: http://www.aychcreativejams.eu/rexistro/

Consulta o programa completo en: http://www.aychcreativejams.eu/terra/

Toda a información en: https://www.youtube.com/watch?v=Z3-KMyCXuso&feature=youtu.be