Monday, November 18, 2013

I CICLO DE CINEMA RURAL EN LINGUA PROPIA





    2ª sesión :  martes 10 de decembro – 20:00h
                                               Salón de actos - Fac. Humanidades
A Farm for the Future 
Rebecca Hosking  (2008) 
48’ - v.o.inglés- subtítulos en castelán 


 Documental da BBC (serie Natural Word) narrado e realizado pola súa protagonista que presenta o proxecto de retorno á granxa familiar en Devon (U.K.) coa intención de transformala nunha granxa de baixo consumo enerxético, máis axeitada a un futuro próximo no que os combustibles fósiles serán escasos. 
Visionado do filme nesta ligazon

          1ª sesión :  xoves 21 de novembro – 20:00h
                                                         Salón de actos - Fac. Humanidades
O monte é noso 
 Llorenc Soler (1978)  
 33’ - v.o. galego
Este filme recolle as loitas do campesiñado galego pola recuperación da propiedade dos montes comunais que lle foron usurpados a partir de 1939. A través dunha serie de entrevistas, maniféstanse varios puntos de vista ante a actuación dos poderes públicos que administran as propiedades comunais.


Stop al expolio de los bienes comunales
15 M de León (2013) 35’ –v.o. castelán
Documental co-producido pola Plataforma para la Defensa de las Juntas Vecinales de Omaña e o 15M de León. Narra o espolio que consideran suporá a Ley Montoro para os pobos da provincia. 

  


Monday, September 16, 2013

VII ENCONTRO de DEBATE sobre o MEDIO RURAL: CULTURA e SOCIEDADE


Os próximos días 27 e 28 de setembro celebrarase na Granxa de Barreiros o "VII Encontro de debate sobre o medio rural: Cultura e Sociedade". Este encontro está organizado por Nova Escola Galega. Ademáis, o Encontro é unha homenaxe a Avelino Pousa Antelo e a Valentín Arias López.
Na web de Nova Escola Galega poderase encontrar toda a información necesaria para a inscrición, o programa completo e máis documentación.

 

Wednesday, June 6, 2012

DOCUMENTAIS: Os fondos videográficos do Ministerio de Agricultura



O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente conta cun amplo catálogo de documentais sobre temática agraria e rural que se remonta a 1895. Mostras deste fondo histórico poden visionarse en RURALMEDIA, proxecto desenvolvido en colaboración cos Ministerios de Agricultura de Francia e os Países Baixos.
Inserimos nesta entrada un dos documentais do fondo, o titulado "La mujer y la comunidad rural", grabado en 1969 na parroquia de San Xiao de Vigo (Paderne, preto de Betanzos). Trata do papel da comunidade parroquial, ben coñecida, por outra banda, nas Mariñas polas súas festas patronais, e do Servicio de Extensión Agraria (iso si, o Axente de Extensión traballa cos homes e a Axente de Economía Doméstica faino coas mulleres mulleres) na organización colectiva para a construción da traída de augas e das vantaxes que esta obra representou para homes, mulleres e mozos (e as mozas?).