Friday, March 7, 2014

" A EDUCACIÓN: DEREITO OU MERCADORÍA?" 10 de marzo

O próximo luns, día 10 de marzo, presentarase en Lugo (salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado) o libro "A educación: dereito ou mercadoría?", que vén de editar Laiovento.

Nesta obra colectiva, membros do colectivo galego de renovación pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA reflexionan sobre o trasfondo dos modelos educativos e sobre a organización do ensino, nun contexto lexislativo desfavorable aos principios pedagóxicos que, teoricamente, ata o momento perseguía o noso sistema educativo: comprensividade, democracia, equidade, crítica e transformación.

A coordinadora do libro, Mariló Candedo (presidenta de Nova Escola Galega) introducirá o acto poñendo de manifesto a pertinencia na actualidade da pregunta do título, no marco da recente aprobación da LOMCE. Participarán na mesa outros autores do libro, que resaltarán os cambios máis significativos que vai introducir a contra-reforma educativa do goberno de Rajoy.

Monday, November 18, 2013

I CICLO DE CINEMA RURAL EN LINGUA PROPIA





    2ª sesión :  martes 10 de decembro – 20:00h
                                               Salón de actos - Fac. Humanidades
A Farm for the Future 
Rebecca Hosking  (2008) 
48’ - v.o.inglés- subtítulos en castelán 


 Documental da BBC (serie Natural Word) narrado e realizado pola súa protagonista que presenta o proxecto de retorno á granxa familiar en Devon (U.K.) coa intención de transformala nunha granxa de baixo consumo enerxético, máis axeitada a un futuro próximo no que os combustibles fósiles serán escasos. 
Visionado do filme nesta ligazon

          1ª sesión :  xoves 21 de novembro – 20:00h
                                                         Salón de actos - Fac. Humanidades
O monte é noso 
 Llorenc Soler (1978)  
 33’ - v.o. galego
Este filme recolle as loitas do campesiñado galego pola recuperación da propiedade dos montes comunais que lle foron usurpados a partir de 1939. A través dunha serie de entrevistas, maniféstanse varios puntos de vista ante a actuación dos poderes públicos que administran as propiedades comunais.


Stop al expolio de los bienes comunales
15 M de León (2013) 35’ –v.o. castelán
Documental co-producido pola Plataforma para la Defensa de las Juntas Vecinales de Omaña e o 15M de León. Narra o espolio que consideran suporá a Ley Montoro para os pobos da provincia.