Tuesday, July 1, 2014

BANDA DESEÑADA: "Rural. Crónica de un conflicto", de Étiene Davodeau

Étienne DAVODEAU, Rural. Crónica de un conflicto, Barcelona, Ediciones de la Cúpula, 2013 [ed. orix. francesa, Eds. Delcourt, 2001]
Rural é un interesante exercicio de BD-documental onde o autor, segundo proclama no preámbulo, pretende plasmar "o relato dun anaco da nosa vella amiga a realidade". Ese anaco de realidade sitúase nunha pequena comunidade rural do departamento francés de Maine-et-Loire entre os veráns de 1999 e 2000 con algunhas regresións temporais necesarias para contextualizar o conflito ao que fai referencia o subtítulo da obra. A construción dunha autoestrada (a A-87) altera o proxecto económico e vital de moitos dos seus veciños, singularmente unha parella de neorrurais, que perderá por mor da obra a súa casa, froito de dez anos de duro traballo de rehabilitación, e tres labregos novos que asociados nunha AAEC (Agrupación Agrícola de Explotación en Común) están a levar adiante unha granxa ecolóxica de vacún para a produción de leite.
Identificamos perfectamente os diferentes actores do conflito: sectores enfrontados da comunidade, as autoridades locais e estatais, a concesionaria ASF (Autoestradas do Sur de Francia). Un marco institucional onde Sindicatos (dende a poderosa FNSA ata a Confederation Paysanne), asociacións de produtores, axencias de certificación xogan o seu papel. Podemos seguir o desenvolvemento do conflito pero tamén o ritmo regular dos labores cotiás da casa duns e da granxa dos outros.
En síntese un bo punto de partida para debater sobre as mudanzas acontecidas no mundo rural nas últimas décadas. Como conclúe o autor: "o valado [da autoestrada] separa dúas formas de proceder: dunha banda, un novo enfoque do medio ambiente respectuoso, lixeiro e sostible; da outra, unha infraestrutura pesada e contaminante que se impón pola forza en nome da rendabilidade a curto prazo. O inconvinte deste tipo de barreira é que, por forza, hai que se situar dunha banda ou da outra dela. Se te sentas enriba, pícaste o cú"

Thursday, June 26, 2014

V CONGRESO INTERNACIONAL DE AGROECOLOXÍA E AGRICULTURA ECOLÓXICA

máis información en

II XORNADAS RURAIS - O RURAL QUERE XENTE Ernes (Negueira de Muñiz)

 máis información en:

videos - Agricultura e Europa

"A AGRICULTURA EN EUROPA"
Desde o Grande Ghetto de Foggia, onde milleiros de persoas viven en condicións inhumás, ate os invernadoiros de Almería, onde traballadores e traballadoras  viven amoreados nos propios invernadoiros.
En Europa impera un mesmo sistema de explotación que nos permite a europeas e europeos botar ao prato calquera hortaliza en calquera época do ano.
Pero nesta ecuación algo chirría: nin as persoas que traballan, nin as que consumen, nin aquelas que son propietarias dos terrenos se benefician desta situación. Quen impón entón este sistema? Quen se beneficia del? E unha pregunta máis importante aínda: como podemos facer para millorar a calidade e o prezo do que consumimos e á vez evitar a explotación de seres humáns na industria agroalimentaria?

"AS DESPENSAS DE EUROPA"
 Hai lugares en Europa que producen grandes cantidades de alimentos para todo o continente. Moitas empresas teñen traballadoras e traballadores á súa disposición que reciben salarios moi por baixo dos convenios.
Algunhas destas empresas non pagan, pero as persoas que traballan para elas non poden reivindicar o seu salario por falla de regularización dos seus documentos no país. Isto é sabido por gobernos e grandes comercializadoras, responsables directos desta situación.
Moitas das regulamentacións de Responsabilidade Social que obrigan ás empresas esíxense en paises emprobrecidos, nos que se recoñece que hai explotación.
O problema é que ninguén recoñece que en Europa a explotación da man de obra está á orde do día, moi perto da escravitude.