A convocatoria dos
Encontros constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da
situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase,
por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en
conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o
reflexo dunha realidade global moito máis complexa. Por outra,
exemplifícase esta análise nunha comarca ben definida -aínda que non
recoñecida administrativamente- que ten sufrido nas últimas décadas unha
transformación evidente e que, ao tempo dun progresivo e evidente
despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu seo iniciativas que
provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte un futuro posible.
Esa comarca é a Terra de Miranda.
Obxectivos da actividade.-
1.
Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa
no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular.
2.
Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as
características -naturais, económicas, sociais, asociativas...- que
determinan o estado actual da comarca.
3. Situar estes elementos
analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da
concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural.
4.
Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á
planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o
medio rural.
Solicitada homologación de 12 horas de formación (Consellería de Educación)