XII CONGRESO AEEA
Lugo, 4, 5 e 6 de setembro de 2019
Os Congresos da Asociación Española de Economía Agraria (AEEA)
constitúen o principal punto de encontro, debate e
comunicación investigadora e profesional do ámbito da economía agroalimentaria, rural e do medio ambiente.
Ao mesmo tempo, son tamén unha valiosa
ferramenta para ofrecer ao conxunto da
sociedade os resultados das súas investigacións.
Estes congresos celébranse bianualmente desde
o ano 1992. O XII Congreso celebrarase na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo (USC),
baixo o lema “LA SOSTENIBILIDAAGRO‐TERRITORIAL DESDE LA
EUROPA ATLÁNTICA”.
Nesta edición quérese pór especial énfase na análise dos modelos de produción agroalimentaria e forestal sustentables, tendo en conta o contexto territorial no que se desenvolven.
A celebración do Congreso en Lugo permitirá propor este debate desde a fráxil situación das áreas do norte peninsular,e de espazos similares noutras partes de Europa e do mundo, espazos que están sufrindo grandes problemas de tipo
económico e demográfico a pesar das excelentes oportunidades para a creación de
riqueza que ofrecen. O Congreso contribuirá ademais a estimular a investigación sobre o futuro das políticas agrarias, en particular a Política Agraria Común (PAC) da próxima década.
Máis información aquí
No comments:
Post a Comment