A convocatoria dos
Encontros por cuarto ano consecutivo constitúe, globalmente, unha
proposta para a análise da situación do medio rural galego na
actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica
especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito
da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito
máis complexa. Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben
definida -aínda que non recoñecida administrativamente- que ten sufrido
nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun
progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu
seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte
un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.
Obxectivos da actividade.-
1.
Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa
no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular.
2.
Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as
características -naturais, económicas, sociais, asociativas...- que
determinan o estado actual da comarca.
3. Situar estes elementos
analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da
concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural.
4.
Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á
planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o
medio rural.
Máis información aquí
No comments:
Post a Comment