Friday, July 23, 2021
Friday, March 19, 2021
NA EPS QUEREMOS SABER
Mércores, 24 de marzo ás 11 horas
Aula 8 da EPS
Transmitido en streaming desde http://ir.gl/agribiofisica
Presentación do libro
Historia de la agricultura española desde una perspectiva biofísica, 1900-2010
Intervirán:
-David Soto Fernández (coautor do libro, USC)
-Henrique Hervés (Historiador, especialista en Historia Agraria)
-Emilio Díaz Varela (Enxeñeiro Agrónomo, USC)
Monday, December 21, 2020
Montes vizinhais em mao comum - 22 decembro - EPS
NA EPS QUEREMOS SABER:
Xoves, 22 de Outubro ás 16:00 horas
Aula 7 da EPS
Palestra a cargo de
Ovidio Queiruga
Presidente da CMV de Baroña
Organiza:
Grupo de Innovación docente Ruralia
Dep. Economía AplicadaDep. Historia Contemporánea
Dep. Ecoloxía
Monday, December 14, 2020
REDE DO RURAL
A Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural, abreviadamente chamada REDE DO RURAL, xorde como reacción ante a situación de xeral desfeita que sofre o mundo rural. Constitúese esta Rede, con vocación de funcionamento asembleario, dentro dunha conformación de pluralidade e coincidindo na inquedanza común de preservar e desenvolver o rural galego.
Desde o pasado 13 de decembro conta cun espazo propio na web:
Tuesday, November 17, 2020
PREMIO ARESA 2020
Fot. de Santi Albite - web USC
O Premio Aresa, un galardón impulsado pola USC e Aresa para fomentar o desenvolvemento rural, favorecer e mellorar o benestar das persoas que viven no mundo rural valorará na súa vixésima primeira edición aquelas iniciativas desenvolvidas no campo galego durante a pandemia como alternativas de vida ou para axudar a outros, así como outras accións impulsadas por colectivos especialmente afectos pola COVID-19.
O prazo de presentación de candidaturas a esta nova convocatoria do Premio Aresa permanecerá aberta ata as 14.00 horas do 31 de decembro de 2020 nos rexistros, tanto físico como electrónico, de que dispón a USC nos seus campus de Lugo e de Santiago de Compostela. Todas as candidaturas, cuxa memoria de presentación non poderá exceder de 25 páxinas, deberán constar da documentación necesaria para que o xurado poida facer a súa valoración da proposta, tal e como se recolle nas bases da convocatoria, que están accesibles na web www.premioaresa.com.
TERRA CREATIVE JAM - O FUTURO SOSTIBLE - 25 e 26 nov.
O Terra Creative Jam é un evento creativo de xeración de ideas. Durante dous días estudantes e titulados/as do Campus de Lugo participarán en diferentes talleres e resolverán desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos e achegarán solucións para un “futuro sostible”.
O evento terá lugar o 25 e 26 de novembro na Facultade de Administración de Empresas do Campus de Lugo, tocará varias temáticas: economía verde, produción eficiente e sostible; educación inclusiva e de igualdade; emprendemento dixital e uso das TIC´S no rural; industrias creativas e sector audiovisual; alimentación e vida saudable e a búsqueda do benestar animal e mellora do medio ambiente. As ideas, productos e servizos que se desenvolvan deberán estar ligados a temática do evento.
Os participantes (sós ou en equipo) poderán disfrutar dunha primeira xornada de ideación, con xogos de creación de ideas e proxectos sostibles, formación con workshops específicos e prototipaxe con maquinas 3D, gamificación, realidade virtual e podcast. A segunda xornada consistirá nun Hackaton onde por equipos traballarán no seu prototipo para crear a súa solución sostible e expoñela o xurado.
O equipo gañador terá unha praza para desenvolver a súa idea no Programa Explorer e no programa de incubación Atlantic Youth Creative Hubs (AYCH) onde poderá facer unha residencia e prácticas internacionais. Ademais cada un dos membros do equipo gañador, recibirá unha cámara GoPro como regalo.
Este evento está promovido polo Campus Terra a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) en colaboración coa Área de Orientación Laboral e Emprego no Campus de Lugo e a incubadora Lug Open Factory no marco de colaboración co proyecto AYCH Interreg Atlantic Area.
A asistencia a esta actividade é gratuíta. Facilitaráselles aos asistentes aloxamento e mantenza durante os dous días que dura a Terra Creative Jam
Aberto prazo de inscrición ata o 24.11.20. Prazas limitadas. Reserva a túa praza e inscríbete no seguinte enlace: http://www.aychcreativejams.eu/rexistro/
Consulta o programa completo en: http://www.aychcreativejams.eu/terra/
Toda a información en: https://www.youtube.com/watch?v=Z3-KMyCXuso&feature=youtu.be
Sunday, September 20, 2020
ENCONTROS DEBATE MEDIO RURAL - OUTUBRO 2020
A convocatoria dos
Encontros por cuarto ano consecutivo constitúe, globalmente, unha
proposta para a análise da situación do medio rural galego na
actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica
especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito
da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito
máis complexa. Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben
definida -aínda que non recoñecida administrativamente- que ten sufrido
nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun
progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu
seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte
un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.
Obxectivos da actividade.-
1.
Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa
no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular.
2.
Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as
características -naturais, económicas, sociais, asociativas...- que
determinan o estado actual da comarca.
3. Situar estes elementos
analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da
concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural.
4.
Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á
planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o
medio rural.
Máis información aquí






