Monday, February 9, 2015
Tuesday, February 3, 2015
VIII encontro de debate sobre o medio rural - Samos (7, 8 e 9 - marzo)
A
escola rural, inserida no seu medio e permeable á cultura comunitaria, é
considerada como un laboratorio pedagóxico capaz de promover
experiencias que acadan sempre recoñecemento no ámbito profesional e
unha forte consideración nas súas comunidades de referencia e entre a
cidadanía. No pasado, a escola rural foi considerada un referente
cultural –ás veces, o único– de primeira magnitude. Aquelas escolas
comunitarias son o xerme do que hoxe se considera un dos referentes
pedagóxicos máis ricos: as denominadas “comunidades de aprendizaxe”.
Estas experiencias contan coa capacidade pedagóxica da propia comunidade
e contribúen á consecución de aprendizaxes máis significativas e de
vivencias que axudan ao desenvolvemento integral das persoas en
formación; son pois experiencias que desenvolven, da man da cultura e
nos nosos particulares territorios de convivencia, verdadeiros espazos
para a formación permanente ao longo da vida.
Diversos
exemplos de iniciativas públicas deste tipo, pero tamén de escolas
libres autoxestionadas, terán o seu espazo no programa da oitava edición
do Encontro, que nesta ocasión levará por título ALTERNATIVAS
EDUCATIVAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL COMUNITARIO precisamente coa
intención de poñermos o acento na dimensión comunitaria que todo proceso
de desenvolvemento sociocultural e educativo ha de posuír, e moi
especialmente cando se contextualiza no medio rural. O Encontro
realizarase na fermosa vila de Samos (Lugo), concretamente no seu CEIP,
co propósito de poñermos de relevancia e apoiar a modélica experiencia
socioeducativa que a comunidade escolar local, especialmente
sensibilizada a prol do medio rural, leva realizando nos últimos anos na
liña antes sinalada.
A
actividade realizarase en horario intensivo o sábado 7 (todo o día) e o
domingo 8 (só de mañá) de marzo de 2015, e ao longo de todas esas horas
de convivencia desenvolveranse diferentes propostas formativas
(relatorios, mesa redonda, presentación de experiencias e boas prácticas
educativo-rurais, un obradoiro sobre materiais didácticos) co seu
correspondente espazo de debate e reflexión pedagóxica, pero tamén
haberá tempo para poñer de manifesto e gozar a cultura rural galega a
través dalgunhas das súas variadas manifestacións: música e baile da
terra, literatura oral, artesanía, patrimonio arqueolóxico, poesía do labrego das letras (o poeta local Fiz Vergara Vilariño).
O grupo de educación no rural de NEG e a Asociación Un paso polo futuro
(colectivo de nais e pais do CEIP de Samos) convocan pois a
profesionais e estudantes dos eidos da educación ou o desenvolvemento
rural, familias e calquera persoa preocupada pulo futuro do medio rural,
para que se animen a participar nestas dúas xornadas de análise
pedagóxica, reflexión comunitaria e convivencia compartida.
Wednesday, January 7, 2015
ENTODASASMANS proxecto audiovisual sobre as comunidades de montes
EN TODAS AS MANS
É un proxecto comunitario para a creación dun audiovisual que pretende mostrar o mundo
do monte veciñal galego. "Ao
tempo, queremos sinalar as potencialidades que ten como ferramenta
válida para a xestión e custodia do territorio próximo. Pretendemos sinalar a titularidade comunitaria como un elemento que fai parte do patrimonio cultural galego. Queremos que este
proxecto sirva como recoñecemento para as persoas que conforman as
comunidades de montes, os comuneiros e comuneiras. Desexamos estimular a
súa participación e o orgullo por poder participar dun xeito de xestión
do territorio propia, ao tempo que esa apreciación se expande ao
conxunto da cidadanía galega."
Para máis información
Friday, November 7, 2014
Monday, October 20, 2014
Friday, October 10, 2014
Subscribe to:
Posts (Atom)




