Tuesday, August 20, 2019

XII Congreso de Economía Agraria: A sostenibilidade Agro-territorial desde a Europa Atlántica - setembro 2019

 
XII CONGRESO AEEA  Lugo, 4, 5 e 6 de setembro de 2019  

Os Congresos da Asociación Española de Economía Agraria (AEEA) constitúen o principal punto de encontro, debate e comunicación investigadora e profesional do ámbito da economía agroalimentaria, rural e do medio ambiente.
Ao mesmo tempo, son tamén unha valiosa  ferramenta  para  ofrecer ao  conxunto  da  sociedade os resultados das súas investigacións.  
Estes congresos celébranse  bianualmente desde  o  ano  1992.  O XII Congreso celebrarase na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo (USC), 
baixo o lema “LA SOSTENIBILIDAAGRO‐TERRITORIAL DESDE LA  EUROPA ATLÁNTICA”. 
Nesta edición quérese pór especial énfase na análise dos modelos de produción agroalimentaria e forestal sustentables, tendo en conta o contexto territorial no que se desenvolven. 
A celebración do Congreso en Lugo permitirá propor este debate desde a fráxil situación das áreas do norte peninsular,e de espazos similares noutras partes de Europa e do mundo, espazos que están sufrindo grandes problemas de tipo  económico e demográfico a pesar das excelentes oportunidades para a creación de  riqueza que ofrecen. O Congreso contribuirá ademais a estimular a investigación sobre o futuro das políticas agrarias, en particular a Política Agraria Común (PAC) da próxima década. 

 
Máis información aquí


Friday, May 3, 2019

II XORNADAS de ANPAS GALEGAS no RURAL

 II XORNADAS DE ANPAS GALEGAS NO RURAL
MURAS, 11 DE MAIO 2019.

PROGRAMA
10.30 Inauguración
Manuel Requeijo. Alcalde de Muras.
Fernando Lacaci. Presidente de Anpas Galegas.
Froilán Pallín. Vicepresidente FAPACEL.

10.45 Conferencia inaugural. O mundo rural e as políticas educativas que o ignoran.
Jurjo Torres Santomé. Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de A Coruña.

11.45 Descanso-café.
12.15 Mesa Redonda. Experiencias de anpas rurais.
                                            “EDUCAR HOXE NO RURAL”
Manuel Jesús Rodriguez Vazquez. Presidente da Anpa  de Portomarín.                  
Jeniffer Gómez Galego.  Presidenta da Anpa de Muras.
Ainoha Seijas Castiñeira. Presidenta da Anpa de Monterroso.
Alberto J. Vázquez Vilas. Presidente da Anpa Xuntanza do CRA A Picaraña en Ponteareas.
Geovana Trelles Alonso. Presidenta da Anpa de Nois (Foz).
Moderadora: Isabel Calvete. Secretaria da FAPACEL.

14.00 Xantar.

16.00 Mesa Redonda  “Criterios pedagóxicos da escola rural”
Lois Ferradas. Profesor xubilado de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago (USC).
Pedro Rodríguez. Mestre de primaria.  Responsable do CEIP de Samos.
Xosé Manuel Cid. Profesor de Teoría e Historia da Educación. Vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
Moderadora: Elvira Lombao. Vogal Colaboradora da FAPACEL.

17.30 Café

18.00 Mesa redonda “Desenvolvemento rural”
Mar Pérez Fra. Profesora da área Economía, Socioloxía e Política Agraria na USC
Alfonso Filgueira. Experto en desenvolvemento sociocomunitario.
Mario Rouco. Enxeñeiro Agrónomo.
Moderador:Froilán Pallín. Vicepresidente da FAPACEL.

19.30 Clausura

Belén Chao. 1ª Tenente Alcalde. Concelleira de Educación de Muras.
Bertila Fernández. Secretaria de Anpas Galegas


Monday, December 24, 2018

FEIRA INTERNACIONAL DA ECONOMÍA E CULTURA RURAL E ALTERNATIVA

Conscientes da necesidade dun cambio de modelo de desenvolvemento, que poida reverter a situación do territorio rural, a Feira Internacional da Economía e Cultura Rural e Alternativa FICRURAL 2018 nace co obxectivo de ser un foro de intercambio e divulgación de experiencias e casos de éxito para impulsar este novo modelo.

A FICRURAL, tal e como aconteceu sempre nas feiras ao longo da historia, é un punto de encontro para favorecer a colaboración e o intercambio, o diálogo e a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do rural, compartindo experiencias con actores públicos e privados, nacionais e internacionais, para crear unha rede colaborativa entre axentes e proxectos de emprendemento rural para a dinamización do rural de Compostela e Comarca e dos concellos da provincia da A Coruña

Eventos en decembro 2018
Máis información aquí


Tuesday, October 30, 2018

OS COMUNAIS - 8 de novembro



O MUNDO RURAL GALEGO 
A DEBATE
Xoves, 8  de Novembro ás 17h
Sala de Xuntas da EPS

 MESA REDONDA
OS COMUNAIS:
UN RECURSO MULTIFUNCIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL 

Intervirán:
Joam Evans Pim, Comuneiro, MVMC de Froxan, Lousame 
Rubén Blanco , Técnico do MVMC de Coruxo, Vigo

 
Organiza: Grupo de Innovación Docente Ruralia

Área de  Economía ,  Socioloxía e  Política Agraria

Área de  Historia Contemporánea
Área de  Ecoloxía