A mesma terra
Realización: Yago
Mazoy
Guión
orixinal e entrevistas: Anxo Vázquez
Desenvolvido por: Pepe Coira e Yago Mazoy
Dirección de fotografía e montaxe : Yago Mazoy
Dirección de fotografía e montaxe : Yago Mazoy
Música
orixinal : Arturo Kress
Produccións A Fonsagrada S.L.U. e televisión de Galicia
S.A.
Ano: 2013 / Duración:
55 min.
Interveñen: Rosa Guimarei López, Milagros González
Refojo, Manuel Sandamil Cabana, Antonio Cabana Vila, Ramón Villares Paz,
Antonio Platas Tasende, Maximino Viaño García, Fernando Barbeyto, Pepe
Salvatierra, Eloi Villada, Gillermo Budiño Cajaraville, Javier Blanco
Carballal, Luis Caramés Viéitez, Francisco Sineiro, Manuel Corbal Rodríguez,
Antonio López Murado, Eduardo Corbelle Rico, Francisco Ónega López.
« Nas súas
entrañas xermina a vida. Pero a vida pasa e a terra... a terra permanece. En
Galicia a terra está dividida en trece millóns de anacos. É o resultado dunha
longa historia, a dun pais que, ata onte mesmo, se ocupou maioritariamente no
traballo agrícola. Tras séculos de loita e esforzo por posuír a terra,
hoxe a meirande parte dos galegos teñen esa mesma terra
abandonada.Historicamente, é un paradoxo tremendo. E de cara ao futuro é un
problema que cómpre afrontar.» Con
estas palabras presenta a Fonsagrada Producións (da delegación do grupo Fílmax en
Galicia) o documental producido en
colaboración coa Televisión de Galicia que, sendo aínda un proxecto, levou o
título de Escravos da terra, co que
accedeu ao apoio da Axencia Galega de Industrias Culturais en 2012. Este
documental de creación mudou felizmente de nome no seu proceso de creación sen
perder os trazos dunha visión concreta sobre a evolución do agro galego a cargo de
Anxo Vázquez, guionista de
longa traxectoria no documental agrario a través de programas de televisión como O noso agro (1989), A terra
(1986), Labranza (1991) (dispoñibles
en : http://www.crtvg.es/cultural/especiais).
A mesma terra realiza unha reflexión sobre o abandono histórico de
terras en Galicia, e as súas implicacións na conservación da natureza e a
paisaxe. A través de entrevistas a persoas implicadas directamente en
explotacións rurais de diversa índole e a especialistas de diversas áreas e
representantes de institucións vinculadas ao agro, o filme amosa a
idiosincrasia e a problemática, social, económica e ambiental, do abandono de
terras polo que ten servido en diferentes foros de fío argumental para tratar
de debullar os principais retos territoriais aos que se enfronta a custodia do
territorio en Galicia.
Pepe
Coira Nieto (Rábade,
1963) Director do CGAI (1991-1998) encargado da promoción, difusión e
recuperación do audiovisual galego. Profesor na Escola de Imaxe e Son ata o ano
2000. Profesor asociado na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de
Pontevedra (2004-2007) e no Máster de Produción e Xestión Audiovisual da
Universidade da Coruña. Guionista: TVG - Extramuros (1987) e Luces da
Cidade (1988-1989). Director de Desenvolvemento e subdirector da compañía
Voz Audiovisual. Produtor executivo e editor de guión en series televisivas de
ficción (Mareas vivas, Terra de Miranda, A miña sogra e mais
eu e As leis de Celavella), documental (Vida nas mareas e O
mundo de Celavella), e a longametraxe De bares. Xefe de
Desenvolvemento e produtor executivo de Filmax TV a partir de 2006, dedicado especialmente
ao documental.