Les conques d’Arbo - As cornas de Arbo
Dirección:
Fabienne Wateau
Ano:
2004 - Duración: 6’20 min. - v.o.castelán-galego
- subtítulos en francés
Noutro
tempo, no sur da Galiza, empregábase unha corna para anunciar as quendas da
auga de irrigación no verán. Era este un instrumento de chamada manipulado por
dous responsables das regueiras que alternaban día e noite. Esta práctica
ancestral deixou de ser operativa nos anos 80 do pasado século coa cimentación
da regueira principal e o establecemento
dun documento oficial. Uns vinte anos despois, co gallo dun ensaio de
reconstitución fílmica de esta actividade, o son da corna reavivou entre os
aldeáns unha memoria impregnada de nostalxia. (…) Tería gustado de poder insistir sobre a
dimensión sonora e creativa de lazo social do noso obxecto. Cando volvín sobre
o terreo en 2003, coa intención de filmar a corna no seu contexto xeográfico –a
falta dun contexto social e dunha actividade agrícola aínda vivas- era difícil
recoñecer as antigas terrazas na paisaxe ou simplemente imaxinar que apenas
vinte anos antes, todas as terras estaban cultivadas intensamente e o
parcelamento da regueira de Arbo perfectamente delimitado. Non obstante cos
primeiros toques de corna todos lembraban cunha certa nostalxia esta sonoridade
particular e estacional, esta práctica estival da irrigación que reunía aos
irrigadores e os invitaba a estar atentos aos sinais que o levador lles
lanzaba. Este son centrípeto que [xunto con outros] unificaba e ordenaba a
comunidade (…) creaba un verdadeiro lazo social entre os aldeáns. Non só entre
os beneficiarios da auga da irrigación de Arbo, se non entre todos os aldeáns,
e sen dúbida con eles tamén os do pobo veciño de Barcela, si cremos como din,
que lembran a chamada escoitada ao lonxe no val de Cea. Fabienne Wateau (2007) Souffler pour ordonner: une conque pour l’irrigation en Galice [Soplar para ordenar: unha corna para a
irrigación na Galiza]
La
canne à mesurer l’eau - A cana de medir
a auga
Montaxe : Marc-François
Deligne
Ano: 2006 - duración: 28 min.
v.o.portugués - subtítulos en
francés
Realizado no marco do proxecto da Fundation
Fyssen « Obxectos e Medidas », en colaboración co Museu nacional da etnología de Lisboa e
o Laboratoire Techniques et Culture
do CNRS (Francia), este filme, que ten
recibidos varios premios no ámbito do cinema etnográfico, é o terceiro da serie
Obxectos de medida da auga de irrigación.
As canas serven para partillar os volumes de auga retidos nos pequenos
estanques de reserva na vertente con formas irregulares. Este vello sistema de
reconto e de reparto do recurso sigue a ser empregado no noroeste de Portugal
con fines agrícolas. Da fabricación da
cana á distribución da auga nas parcelas, o filme lévamos ao corazón dun
universo de relacións sociais sutilmente fiadas arredor desta actividade, que
tan só o abandono progresivo das terras –segundo afirman os interlocutores do
filme- poderá desbotar. Nun momento de imposición de modelos de xestión da
auga, este filme é tamén unha reflexión sobre a adecuación dos sistemas
técnicos tradicionais ao territorio e ás lóxicas sociais.
Podedes ver o filme completo aquí
Fabienne Wateau ( Mollet del
Vallès - Vallès Oriental – 1980)
Encargada
de investigación no CNRS (Laboratorio de etnoloxía e socioloxía comparativa.
Nanterre), é autora, entre outras, da obra Partager
l’eau. Conflits et irrigation au
nord-ouest du Portugal [Compartir a auga. Conflictos e irrigación no
noroeste de Portugal]. Fabienne vincula á súa investigación e aos seus escritos
académicos a realización de filmes etnográficos. A serie “Objects de mesure de
l’eau et d’irrigation” [Obxectos de medida
da auga de irrigación] está integrada por
tres filmes: (2002)
La pierre de partage de l’eau [A pedra de reparto da auga] co-realizado con Ana Margarida Campos, (2004) Les
conques d’Arbo [As cornas de Arbo]. e (2006) La canne à mesurer l’eau [A cana de medir a auga]
No marco
dunha Europa en fase de reconstrución, Fabienne Wateau interésase polas lóxicas
do pensamento que presiden a organización dos grupos e os efectos das políticas
do global sobre o local. Realiza a súa tese nun espazo de polycultura de
subsistencia no noroeste de Portugal, cerca dunha comunidade rural que practica
a irrigación dende hai varios séculos e que está invitada na actualidade pola
comunidade europea a desenvolver un monocultivo non irrigado de viña.
Interésase Fabienne actualmente plos efectos da implantación dunha grande presa nunha rexión desértica do sur de
Portugal, que conduce á desaparición dun pobo, á reorganización de espacios e
de relacións sociais e ao reaxuste dos discursos de identidade a distintos niveis
(local, rexional, nacional, binacional […]). O seu propósito é o de observar e
analizar os procesos de cambio en curso, concedendo unha atención particular
aos medios elixidos polas poboacións para defender a súa especificidade e gañar
en poder e en representación no seno de Europa. http://www.ethnographiques.org/Wateau-Fabienne
No comments:
Post a Comment