Saturday, December 9, 2017

na EPS queremos saber 14 de DECEMBRO : ECOLEIA



NA EPS QUEREMOS SABER:
 ECOLEIA

 un exemplo de valorización e diferenciación do sistema produtivo leiteiro en Galicia
conferencia a cargo de 
Marcos Quintás
socio de SAT TORNEIROS
xoves 14 de decembro ás 11:00h 
Sala de Xuntas da EPS
 
Organiza: 

Grupo de Innovación Docente Ruralia 

Dep. Economía Aplicada (EPS) 
Dep. Historia Contemporánea (EPS) 
Dep. Ecoloxía  (EPS)

Friday, November 10, 2017

EPS 28 de novembro : Os bens comunais como soporte para o desenvolvemento de áreas rurais




NA EPS QUEREMOS SABER:
 
OS BENS COMUNAIS

 COMO SOPORTE PARA O

DESENVOLVEMENTO

DE ÁREAS RURAIS

 
Conferencia a cargo de: 

CARLOS MORGADE

Presidente de “Iniciativa Comunales“



Martes, 28  de Novembro 18:00
 Sala de xuntas

Organiza: 
Grupo de Innovación Docente Ruralia 
Dep. Economía Aplicada (EPS) - Dep. Historia Contemporánea (EPS) - Dep. Ecoloxía  (  EPS)

Financiado polo proxecto HAR2014-52667-R El monte comunal en Galicia desde comienzos de la Edad Moderna a la actualidad: de soporte de un 'viejo complejo agrario' a recurso medioambiental y patrimonio paisajístico

Monday, October 9, 2017

RUTA polos CANEIROS de LUGO - 17 de outubro


A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC organiza o vindeiro 17 de outubro unha camiñada pola ribeiras do río Miño, na que participarán como guías Manuel Antonio Rodríguez Guitián, profesor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, e Ana Cabana Iglesia, profesora do Departamento de Historia da USC (integrante do colectivo de innovación docente RURALIA).
 
As persoas interesadas en tomar parte nesta actividade, para a que se ofrece un número limitado de prazas a fin de mellorar o aproveitamento desta experiencia, poden formalizar xa a súa inscrición de balde a través do enderezo de correo electrónico esther.gomez@usc.es.
 
As ribeiras do Miño son un espazo moi interesante a nivel biolóxico (paisaxes agrícolas, vexetación de ribeira, aves acuáticas, pequenos mamíferos, réptiles e anfibios...), pero tamén desde o punto de vista histórico e antropolóxico. Séculos de actividade humana nas súas beiras e no seu leito foron deixando unha pegada en forma de aceas, lavadoiros, caneiros... que revelan a importancia que o río tiña para a vida da cidade, se somos quen de entender os sinais que transmiten.
 
A camiñada organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da EPS de Enxeñaría de Lugo polas ribeiras do río Miño presenta un nivel de dificultade baixo. A expedición de camiñantes partirá ás 16.00 horas desde a pasarela de madeira que conecta a sede universitaria luguesa co paseo do Miño, lugar ao que regresarán todos os camiñantes arredor das 20.00 horas, unha vez completado o recorrido deseñado.

Friday, April 28, 2017

RUTA POLO COUREL - 6 de maio


A Comisión de Normalización Lingüística da EPS organiza para o sábado día 6 de maio unha actividade na Serra do Courel na que teremos a oportunidade de combinar o coñecemento dos valores naturais da zona co coñecemento do léxico relacionado cos mesmos. A xornada será conducida polo profesor Manuel Antonio Rodriguez Guitián.
A actividade é de balde. 
As prazas son limitadas polo que é necesario apuntarse no enderezo: esther.gomez@usc.es
Mais información: 

Sunday, March 19, 2017

COMUNIX escola comunitaria - montes veciñais solicitudes ate 10 abril

 A cooperativa Trespés ven desenvolvendo diferentes proxectos centrados na realidade dos montes veciñais na Galiza, como o documentario En todas as mans. É agora que, en parceria co CES (Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra) e a Partezipanza, entidade italiana, promove o proxecto Comunix, que conta co apoio económico da Unión Europea a través do programa Erasmus +, e que está centrado na realidade das terras comunitarias. O obxectivo principal do COMUNIX é capacitar a xuventude para a participación activa no goberno democrático das áreas comunitarias na Europa, a través de Escolas Comunitarias. A principal forma de terra comunitaria na Galiza son os montes veciñais en man común. En Portugal desígnanse por baldios, e na Italia por "Partecipanza". Trátase de terras comúns gobernadas de forma democrática a través de réximes de propiedade colectiva con base en dereitos de uso e aproveitamentos tradicionais que sobreviviron até hoxe. As áreas comunitarias adquiriron unha importancia central na procura de respostas á crise económica, ambiental e democrática. Mais un dos desafíos que enfronta esta realidade, é a falla de relevo xeracional. Existe unha grande desconexión entre a xuventude e estas realidades, unha problemática común nos tres países participantes no proxecto, o que supón unha grave ameaza para a súa continuidade. Na Galiza, o proxecto Comunix pretende involucrar a xuventude das parroquias con montes veciñais nesta realidade próxima. Con esta finalidade, o Comunix promove o desenvolvemento de dúas escolas comunitarias en Portugal e Galiza. Durante dúas semanas, unha na Galiza e outra en Portugal, as/os participantes van coñecer os recursos naturais que existen neses lugares, os seus usos e os desafíos de os gobernar en común, para que podan soportar modos de vida mais sustentábeis e mais xustos. Aprenderán cales son os procesos de participación na tomada de decisións en común relacionadas coa xestión dos recursos deses territorios.
A Escola Comunitaria COMUNIX vai decorrer na segunda quincena de Agosto de 2017 en dous lugares: nun monte veciñal na Galiza (Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra) e nun baldio en Portugal (Baldio dos Lugares da Extinta Freguesía de Vilarinho, Lousã).
Nestas escolas participarán 21 mozos e mozas dos tres países, residentes en comunidades locais que xestionen terras comunitarias. Haberá 10 residentes na Galiza, 10 residentes en Portugal e 1 residente na Italia.
Durante a Escola Comunitaria os participantes terán todos os gastos pagos, incluíndo viaxes, estadía e alimentación. Poderán participar en todas as actividades do programa incluíndo xogos, formacións con diversos especialistas, deportes de montaña, visitas nocturnas e moitas outras experiencias!
Desde o pasado 10 de marzo até o 10 de abril, está aberto o proceso para que os mozos e mozas interesados en participar podan enviar a súa solicitude. Teñen de residir na Galiza. ter entre 18 e 25 anos, galego-falantes, e vivir nunha parroquia con monte veciñal.
As solicitantes deben enviar un documento que recolla, nome, enderezo, idade, ocupacións e intereses que consideren relevantes, e un texto onde respondan a cuestións como: De que forma gustarían de usar ou mellorar o monte veciñal para poder vivir mellor no lugar coa súa familia, as súas amizades e veciñanza? O que precisan de aprender para que iso sexa posíbel? . 
Deben enviar a súa solicitude para info@trespes.org.
Para máis información poden contactar en: info@trespes.org tfne: 986 110045