Sunday, September 20, 2020

ENCONTROS DEBATE MEDIO RURAL - OUTUBRO 2020

 

A convocatoria dos Encontros por cuarto ano consecutivo constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito máis complexa. Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben definida -aínda que non recoñecida administrativamente- que ten sufrido nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.

Obxectivos da actividade.-

1. Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular.
2. Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as características -naturais, económicas, sociais, asociativas...- que determinan o estado actual da comarca.
3. Situar estes elementos analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural.
4. Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o medio rural.

 

Máis información aquí


Thursday, November 21, 2019

"Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais."- EPS- 26 nov.


Martes 26 de novembro ás 12h
SALA DE XUNTAS - EPS  


PRESENTACIÓN DO LIBRO
Árbores que non arden. 
As mulleres na prevención de incendios forestais

Coa presenza de :
Miguel Pardellas - Proxecto Batefogo
Patricia Buxán - Editorial Catroventos 
Algunhas das autoras (Beatriz Rgz-Morales, Rosa Mosquera e Ana Cabana)

Presenta: María do Mar Pérez Fra (EPS) 

 



Monday, November 4, 2019

INTEGRACIÓN dos MUSEOS e os TERRITORIOS na EDUCACIÓN - 9 nov.

Xornada formativa europea verbo da “integración dos museos e os territorios na educación”, xornada que se desenvolverá na casa da Fundación Uxío Novoneyra en Parada do Courel, o vindeiro 9 de novembro.

Sunday, October 6, 2019

ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL. III Xornadas da Terra de Miranda

 A convocatoria dos Encontros constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito máis complexa. Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben definida -aínda que non recoñecida administrativamente- que ten sufrido nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.

Obxectivos da actividade.-

1. Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular.
2. Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as características -naturais, económicas, sociais, asociativas...- que determinan o estado actual da comarca.
3. Situar estes elementos analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural.
4. Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o medio rural.

Solicitada homologación de 12 horas de formación (Consellería de Educación)

Monday, September 30, 2019

Xornada : Podemos frear o despoboamento?

Máis información aquí 
 

Información e inscrición:

Inscribídevos na xornada na seguinte ligazón: https://xornadadespoboamento.gr8.com/
Contactade con nós se tedes calquera dúbida: 
• O Tempo da Aldea: info@otempodaaldea.com ou no teléfono 635 780 412.
• GDR Condado Paradanta: gdr@gdrcondadoparadanta.gal ou no teléfono 986 66 33 29.

Tuesday, August 20, 2019

XII Congreso de Economía Agraria: A sostenibilidade Agro-territorial desde a Europa Atlántica - setembro 2019

 
XII CONGRESO AEEA  Lugo, 4, 5 e 6 de setembro de 2019  

Os Congresos da Asociación Española de Economía Agraria (AEEA) constitúen o principal punto de encontro, debate e comunicación investigadora e profesional do ámbito da economía agroalimentaria, rural e do medio ambiente.
Ao mesmo tempo, son tamén unha valiosa  ferramenta  para  ofrecer ao  conxunto  da  sociedade os resultados das súas investigacións.  
Estes congresos celébranse  bianualmente desde  o  ano  1992.  O XII Congreso celebrarase na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo (USC), 
baixo o lema “LA SOSTENIBILIDAAGRO‐TERRITORIAL DESDE LA  EUROPA ATLÁNTICA”. 
Nesta edición quérese pór especial énfase na análise dos modelos de produción agroalimentaria e forestal sustentables, tendo en conta o contexto territorial no que se desenvolven. 
A celebración do Congreso en Lugo permitirá propor este debate desde a fráxil situación das áreas do norte peninsular,e de espazos similares noutras partes de Europa e do mundo, espazos que están sufrindo grandes problemas de tipo  económico e demográfico a pesar das excelentes oportunidades para a creación de  riqueza que ofrecen. O Congreso contribuirá ademais a estimular a investigación sobre o futuro das políticas agrarias, en particular a Política Agraria Común (PAC) da próxima década. 

 
Máis información aquí